30/11/2011

TESTEANDO. Web gratuita pedagógica y lúdica.

Destinada al ámbito familiar y escolar, incluye un juego con más de 17.000 preguntas tipo Trivial adaptadas al currículo escolar español desde 3º de Primaria hasta 2º de Bachillerato.


De interés para el aprendizaje de los alumnos en sus hogares, Testeando está preparado para que puedan jugar a la vez con sus madres, padres, hermanas o hermanos gracias al modo "multijugador".


Enlace a la web: www.testeando.es

Concurso de felicitaciones electrónicas de Navidad de Galicia Bilingüe.

Dirigido a niños y jóvenes que estén cursando Primaria o Secundaria.
El plazo para el envío de las creaciones es hasta el 10 de diciembre.
Dirixido a nenos en mozos que estean cursando Primaria ou Secundaria.
O prazo para o envío das creacións é ata o 10 de decembro.


Bases del concurso/bases do concursohttp://galiciabilingue.es/gb/
Cartel/cartelhttp://www.galiciabilingue.es/media/Concurso_para_taboleiro.pdf

Becas para facer primeiro de bacharelato nun High School de EE.UU. en 2012-2013

Anuncio do 15 de novembro de 2011 polo que se convocan 75 bolsas para a realización de estudos de primeiro curso de bacharelato nun High School de EE.UU. para o curso escolar 2012-2013. 
Diario Oficial de Galicia, Sección VI. (anuncios), Subsección C) (outros anuncios).
Órgano emisor: FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA.



Bases do Programa de bolsas High School: un ano académico nos Estados Unidos
I. Presentación do Programa de bolsas High School.
A Fundación Barrié e a Fundación Amancio Ortega, na súa arela por melloraren o ensino e o nivel de preparación dos estudantes novos de Galicia, continúan o seu compromiso co programa de bolsas para a realización dun ano académico nun instituto de ensino público, «High School», dos Estados Unidos, e convocan a III Edición do programa de bolsas, segundo as bases do presente documento.
1. Obxecto do Programa de bolsas High School.
Realización dun ano académico nos Estados Unidos nun instituto High School en lingua inglesa, promovendo a aprendizaxe e o intercambio de culturas.
2. Obxectivos do Programa de bolsas High School.
O Programa de bolsas High School da Fundación Barrié e a Fundación Amancio Ortega persegue a consecución dos seguintes obxectivos:
• Aprender inglés, e mellorar as aptitudes de aprendizaxe na xente nova.
• Contribuír á formación integral do estudante.
• Potenciar a confianza dos estudantes e a capacidade de adaptación a un novo contorno.
• Desenvolver a capacidade dos alumnos para avaliar os seus propios progresos.
• Fomentar o respecto ás culturas e o intercambio de costumes.
• Prepararse ante os retos dun mundo globalizado.
3....

20/05/2011

Entrega premios: XXXIII certame artístico-literario Compañía de María

Hoxe día19 de Maio celebrouse no salón de actos do Colexio a entrega de premios do XXXIII certame artístico-literario Compañía de María, como ben dicía o presidente do xurado, son moitos anos celebrando esta convocatoria que se fai coincidir co día das letras galegas. O acto estivo cheo de emotividade. O salón de actos cheo de rapaces e rapazas que celebraban este día coas súas familias, amigos e profesores. A nosa noraboa ós premiados e premiadas e a seguir na mesma liña. Tamén hai que dar a noraboa o profesorado que axuda a que este certame siga a ter un peso importante na vida escolar e tamén a direción do centro e a Anpa.
A Continuación está a lista de premiados neste certame e tamén as fotos (non moi boas) da entrega de premios:


19/05/2011

Celebración de Santa Xoana

O pasado xoves día 12 celebrouse, coma todos os anos, a misa de Santa Xoana, (a semana anterior houbo a festa no colexio) e este día a comunidade relixiosa únese en torno ó altar para a celebración. Foi un pracer participar desta reunión onde houbo momentos moi emotivos: o acendido das velas que os de segundo de bacharelato (os que se van) déronlle ós seus compañeiros de primeiro que tomarán o relevo o vindeiro ano, no que xa é unha tradición preciosa e chea de simboloxía, tamén houbo momentos para reflexionar sobre a importancia de descalzarse ante a vida... algunha que outra chamada de atención, moitas apertas no momento da paz,.... en fin moita xuntanza e reunión. Aquí vos deixo unhas fotos que por suposto están de costas, non só porque os pais/nais estabamos nas gradas do pavillón, senón tamén por iso de que non se poden sacar fotos ós menores de idade, en todo caso creo que reflicten os momentos vividos.

10/05/2011

V Xornadas de Formación para pais/nais

O pasado xoves 5 de maio houbo no salón de vídeo do colexio unha sesión de formación organizada pola ESCOLA DE PAIS/NAIS, con axuda do Colexio e tamén da ANPA. Esta sesión formativa xirou ó redor do tema "REDES SOCIAIS E EDUCACIÓN 2.O", utilizouse para a sesión un formato programa de TV 59 segundos, pero dando un tempo de 90 co fin de dotar á discusión de maior ritmo. O moderador foi Gustavo (perdoade que non faga mención dos seus apelidos, pero non os recordo), que estivo moi eficaz e agradecemos a súa dose de humor nun tema tan serio e preocupante.
Os participantes na mesa foron:
  • Xabier Ramos Vieiro (licenciado en comunicación audiovisual, usuario habitual das redes sociais e tamén un "home da casa" que utiliza as ferramentas tics co seu alumando)
  • Clara Brea (traballadora no COAGA, responsable da biblioteca e usuaria das redes sociais)
  • María Castela (directora dunha empresa de deseño web (Otcotiur))
  • Miguel Túñez (prfesor da facultade de CC. da comunicación da USC)
Iniciouse a charla intervindo Gustavo que aportou datos moi preocupantes, para nós como pais/nais de rapaces nesas idades:"O 16% dos menores recoñecen usar as redes sociais para cntactar con estranos e un 23% dos mesmos se citan con descoñecidos".
Algunhas das impresións que alí se dixeron vounas recoller nos seguintes textos (máis ou menos textuais, por eso de coller apuntes):
  • Xabier:
  1. Vivimos nun tempo inmediato, con presa, todo vai demasiado rápido e vivimos un presente continúo.
  2. Hai que involucrarse nas redes si queremos educar ós nosos fill@s. Só é cuestión de vontade e senón que llo pregunten ó avó Lino (todo un personaxe que con un montón de anos utiliza internet).
  3. As posibilidades das redes sociais e internet en xeral sontan grandes na educación que poden ser potencialmente moi importantes. A capacidade dun ordenador é enorme e deberiamos usala para fins educativos.
  4. Os clientes das redes non son os usuarios senón os anunciantes, de xeito que se moven por intereses económicos ou de outro tipo, de aí que sexa importante o uso que se fai delas.
  5. Un consello: "Non colgues nada na rede que non estiveses disposto a colgar na fiestra da túa casa.
  6. O principal problema é que as vidas se convirtan en vidas virtuais e non se diferencie a realidade real e virtual.
  • Clara:
  1. É un fenómeno polo propio sistema de comunicación (non só falamos cunha persoa ou grupo de persoas máis ou menos reducido, falamos con miles), ademais é un sistema gratuito e o máis importante: inmediato, esto fai que se apunten con facilidade .
  2. É bo coñecer as redes sociais, son moi interesantes para compartir traballo, estudos. É necesario un esforzo para coñecer as novas tecnoloxías.
  3. Son moi importantes na educación pero tamén no mundo laboral, permitindo abrir canles de comunicación imposibles ata agora pola distancia ou por outros motivos.
  • María:
  1. As redes sociais supuñeron unha revolución pola forma en como se comunican os usuarios.Son unha revolución en internet.
  2. Si podemos vivir sen redes sociais, pero os pais deberían acercarse a elas, (estamos nos primeiros pasos de adaptación nas redes), para que os fillos poidan facer un uso responsable das mesmas.
  3. As redes poden mellorar as posibilidades educativas, pero hai que facelo de xeito adecuado, senón poden ser contraproducentes.
  4. É importante fomentar unha educación crítica na que saiban a que se están enfrontando e as súas consecuencias.
  • Miguel:
  1. As redes chegaron para quedar, ás xeneracións máis novas son virtuais. As redes non só están no ordenador, senón tamén nos móbiles e esto é moi importante telo en conta.
  2. Podemos vivir sen redes sociais pero é recomendable coñecelas, saber dos seus perigos e como se manexan para perder o medo e coñecer o seu potencial.
  3. O sistema educativo non debería quedar illado deste mundo. As redes sociais dependen do uso que se faga delas, non son nin boas nin malas.
  4. Existen os mesmos perigos na rede que na vida real, trátase de educar para facer un bo uso das mesmas.
  5. É importante saber as consecuencias do que se faga nas redes sociail. "Os humanos perdoan, pero internet non "
A charla durou cerca de 2 horas e foi do máis interesante e como conclusión: Non lle debemos ter medo as redes sociais, debemos coñecelas para poder educar ós nosos fill@s de xeito completo, do mesmo xeito que fariamos con calquera outro aspecto da vida, pero ó final eles escollen de aí que deban estar preparados para escoller, e esa é tarefa nosa.
Sabedes que o tema de internet en xeral é un tema que nos preocupa moito e fai xa un tempo fixemos alguns posts sobre o tema, un deles que ven moito a conto con esta entrada é o de A CARA OCULTA DE FACEBOOK, non o perdas.

E de paso mostrádelle ós vosos fill@s esta recompilación de videos sobre cousas que lles interesan e logo que eles decidan. Como diciamos na charla, é preciso coñecer os perigos para enfrontarse a eles.

10/04/2011

XXXIII Certame Artístico-Literario

Como sabedes unha das actividades nas que a anpa colabora activamente con colexio é o certame artístico-literario Compañía de María, que este ano vai pola súa trixésimo terceira edición e que se convoca co título: "O Segredo da Praza Vella".
Déixovos as bases do mesmo e xa sabedes: PARTICIPADE.

1. O colexio Compañía de María de Santiago de Compostela e a Asociación de Nais e Pais de Alumnos convocan o XXXIII Certame Artístico Literario con motivo do Día das Letras Galegas.

2. Establécense catro modalidades de participación: narrativa, lírica, expresión artística e fotografía, cos seguintes niveis, agás na modalidade de fotografía na que haberá un único nivel:
  • Nivel “A” – Alumnos de 1º e 2º de primaria
  • Nivel “B” – Alumnos de 3º e 4º de primaria
  • Nivel “C” – Alumnos de 5º e 6º de primaria
  • Nivel “D” – Alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO
  • Nivel “E” – Alumnos de 4º da ESO e Bacharelato
  • Nivel “F” – Alumnos con necesidades específicas de apoio educativo
3. Os alumnos que desexen participar deberán presentar un só traballo en cada unha das modalidades que escollan, excepto en fotografía, na que poderán presentar ata tres. En calquera caso optarase a un único premio en cada modalidade.

4. Na modalidade de Fotografía só poderán participar os
alumnos de ESO e Bacharelato, sendo posible presentar un máximo de tres fotografías (en cor ou en branco e negro) que poderán considerarse como fotos individuais ou como unha serie. O tamaño das mesmas será de 15x20 cm e estarán impresas en papel fotográfico. Así mesmo deberá entregarse unha copia en soporte dixital. As fotografías deberán ser orixinais e estar realizadas polo participante. Poderán facerse mediante toma directa ou ben tratadas e trucadas por ordenador ou por calquera outro medio de revelado.

5. Na modalidade de Expresión Artística poderán participar
os alumnos de todos os niveis. O traballo será individual. A folla será tamaño A3 (420x297 mm), e a técnica que se utilizará será de libre elección. A organización subministrará as follas de papel.

6. Na modalidade de Narrativa poderán participar os alumnos
dos niveis “B”, “C”, “D”, “E” e “F”, mentres que na de Lírica só poderán participar os niveis “C”, “D”, “E” e “F”. Os traballos deberán estar escritos en galego, e serán presentados mecanografados, en follas tamaño A4 (210x297 mm), escritos por unha soa cara, a dobre espazo e grampados, debendo entregar o orixinal e dúas copias ou fotocopias. Como máximo, cada traballo poderá ocupar tres páxinas. É imprescindible tamén entregar unha copia en soporte dixital.

7. Os traballos de narrativa, lírica e fotografía presentaranse nun sobre grande. Tanto neste sobre como nos propios traballos figurarán soamente o título, o nivel e a modalidade. Dentro deste sobre incluirase un sobre pequeno pechado que levará por fóra o título, o nivel e a modalidade e no interior unha tarxeta na que constará:
  • Nome completo do autor
  • Curso e idade
  • Título do traballo
  • Nivel no que está incluído (A, B, C, D, E ou F)
  • Modalidade (narrativa, lírica ou fotografía)
No caso de Expresión Artística, no reverso do debuxo, constarán os mesmos datos solicitados anteriormente (nome completo, curso e idade, título e nivel). Os títulos dos traballos teñen que ser orixinais, e referentes ao lema do Certame.

8. Para os niveis A, B, C, D, E, nas distintas modalidades,
haberá cinco preseleccionados, dous accésit por nivel e tres galardoados. Cada accésit recibirá un obsequio e un Diploma. Os tres gañadores por modalidade e nivel recibirán:
  • 1º Premio: agasallo, cheque e diploma
  • 2º Premio: agasallo, cheque e diploma
  • 3º Premio: agasallo, cheque e diploma
O alumnado do nivel “F” que se presente ao Certame poderá facelo nunha única modalidade. Os premios poderán ser declarados desertos polo Xurado.

9. O prazo de entrega dos traballos rematará o mércores 4 de
maio de 2011 ás 18:00 h.

10. O ditame do xurado darase a coñecer o 19 de maio de 2011 ás 18.00 h. nun acto que se celebrará no Salón de Actos do Colexio.

11. Todos os traballos premiados serán publicados. Os traballos de pintura e fotografía serán expostos no centro.

05/04/2011

Nesta semana toca CANTABRIA

Como xa sabedes, case todos, a excursión a CANTABRIA cando os nosos fill@s están en 6º de Primaria, é unha auténtica institución, os que xa somos veteranos no colexio sabemos que hai un antes e un despois de CANTABRIA, e que é unha excursión que recordan entre eles sempre.
Pois esta semana están os alumnos e alumnas de 6º do noso colexio neste enclave tan marabilloso. Van acompañad@s polas súas profes (ás que hai que agradecerlles o esforzo que sabemos que esto supón para elas), marcharon supercontent@s onte pola mañá e polas noticias que temos o están pasando de rechupete, cun tempo fantástico, a sesión de discoteca de onte pola noite foi un acontecemento de renome e hoxe ían camiño de Cabárcenos e pola tarde actividades en canoa.
FELIZ VIAXE E A DIVERTIRSE que o resto do curso falarase de Cantabria....

04/04/2011

Vídeos de interese sobre internet

Xa sabedes o preocupados que estamos sempre os pais/nais respecto ao uso de Internet por parte dos nosos fillos e fillas, pois aí van uns cantos vídeos de interese para utilizar con "cabeciña" esta potente e marabillosa ferramenta.

21/03/2011

No día da poesía: NANAS DE LA CEBOLLA

Este marabilloso poema foi dedicado por Miguel Hernández ó seu fillo dende o penal de Torrijos en Madrid, despois de recibir unha carta da súa dona na que lle explicaba as condicións tan precarias nas que vivían e que só comían pan e cebola.
É unha das nanas máis tristes, pero é realmente preciosa.
Pois iso no día da poesía unha nana dedicada ós nosos fill@s para que nunca xamais teñan que pasar por un episodio como a nosa guerra civil.
Acompañamos coa marabillosa versión que Joan Manuel Serrat fixo desta poesía e con fotos da época. Recordar para non repetir.


La cebolla es escarcha
cerrada y pobre.
Escarcha de tus días
y de mis noches.
Hambre y cebolla,
hielo negro y escarcha
grande y redonda.

En la cuna del hambre
mi niño estaba.
Con sangre de cebolla
se amamantaba.
Pero tu sangre,
escarchada de azúcar,
cebolla y hambre.

Una mujer morena
resuelta en luna
se derrama hilo a hilo
sobre la cuna.
Ríete, niño,
que te traigo la luna
cuando es preciso.

Alondra de mi casa,
ríete mucho.
Es tu risa en tus ojos
la luz del mundo.
Ríete tanto
que mi alma al oírte
bata el espacio.

Tu risa me hace libre,
me pone alas.
Soledades me quita,
cárcel me arranca.
Boca que vuela,
corazón que en tus labios
relampaguea.

Es tu risa la espada
más victoriosa,
vencedor de las flores
y las alondras
Rival del sol.
Porvenir de mis huesos
y de mi amor.

La carne aleteante,
súbito el párpado,
el vivir como nunca
coloreado.
¡Cuánto jilguero
se remonta, aletea,
desde tu cuerpo!

Desperté de ser niño:
nunca despiertes.
Triste llevo la boca:
ríete siempre.
Siempre en la cuna,
defendiendo la risa
pluma por pluma.

Ser de vuelo tan lato,
tan extendido,
que tu carne es el cielo
recién nacido.
¡Si yo pudiera
remontarme al origen
de tu carrera!

Al octavo mes ríes
con cinco azahares.
Con cinco diminutas
ferocidades.
Con cinco dientes
como cinco jazmines
adolescentes.

Frontera de los besos
serán mañana,
cuando en la dentadura
sientas un arma.
Sientas un fuego
correr dientes abajo
buscando el centro.

Vuela niño en la doble
luna del pecho:
él, triste de cebolla,
tú, satisfecho.
No te derrumbes.
No sepas lo que pasa ni
lo que ocurre.