
Como moitos e moitas de vos sabedes a ANPA está a promover unha serie de charlas que se consideran de interese para os nosos fillos e fillas. Por agora patrocinou xunto coa colaboración do colexio as seguintes:
- Técnicas de estudo que se impartiron en 3º e 4º de Primaria, dúas sesións en cada clase, polo pedagogo Jesús Muíños.
- Posteriormente celebrouse unha sesión informativa para pais e nais de Primaria.
- En primeiro da ESO, están previstas para este mes o desenvolvemento dunhas chalas tamén sobre Técnicas de estudo que se van desenvolver en dúas tardes consecutivas..
- Neste caso por non impartirse en horario lectivo son voluntarias, polo que contamos co apoio dos pais/nais e dos alumnos/as para que se lles saque o maior partido, pois consideramos que é un bo reforzo para os nosos fillos/as na súa aprendizaxe.
- Tamén haberá sesión informativa para pais e nais posteriormente, e que será enviada nunha circular.
- Este mes de febreiro tamén se celebraron unhas charlas sobre internet e os seus riscos, que foron impartidas por dous Formadores da Garda Civil de A Coruña, dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar e Plan Maior de Seguridade. Os cursos que asistiron foron: 6º de Primaria e de 1º a 4º de ESO.
- Tamén houbo unha sesión especial para pais/nais.
- Deixamos máis información neste enlace con información moi útil sobre o tema: máis unha sesión especial para pais e nais. Neste ENLACE hai unha información que pensamos pode sernos moi útil.
Agradecemos ó Colexio a súa inestimable colaboración para a realización destas charlas.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada