19/02/2011

Como ensinar ós nen@s a odiar a lectura

Na revista da CEAPA do mes de setembro/outubro atopei uns artigos do máis interesante, por un lado, un de Juan Mata, que os que tivemos o pracer de escoitalo en directo e falar con el un ratiño, sabemos que fala e fala ben, como dicimos os galegos, porque sabe de que está a falar e este artigo seu sobre: "Abrir un libro", non ten desperdicio ningún.
O artigo seguinte é outro ben interesante de María Ramos Corral sobre: "Descubre los cuentos a tus hijos"onde fala de que a lectura non debe converterse nunha obriga, nin nun substituto de outras cousas que tamén lles gustan ós nen@s.
Neste artigo atopei estas nove regras para ensinar a odiar ós nenos, a lectura. Son de Gianni Rodari e teñen a esencia da sabedoría nas súas letras.

1. Presentar o libro como unha alternativa á televisión.
2. Presentar o libro como unha alternativa á banda deseñada. (A televisión e a banda deseñada transmiten as mensaxes de xeito que gustan moito ós rapaces).
3. Dicir ós nenos de hoxe que os nenos de antes lían máis ( o que é estatisticamente falso)
4. Opinar que os nenos teñen moitas distraccións e votarlles a culpa deso.
5. Consecuentemente, culpar ós nenos se non aman a lectura.
6. Transformar o libro nun instrumento de tortura obrigando a facer un resumo, como ocorre con frecuencia.
7. Negarse a ler para os nenos.
8. No ofrecer unha posibilidade de elección suficiente, de xeito que o neno nunca atope na casa, na escola ou na biblioteca, o libro que lle apetece ler.
9.-E por fin, obrigar a ler.