05/04/2011

Nesta semana toca CANTABRIA

Como xa sabedes, case todos, a excursión a CANTABRIA cando os nosos fill@s están en 6º de Primaria, é unha auténtica institución, os que xa somos veteranos no colexio sabemos que hai un antes e un despois de CANTABRIA, e que é unha excursión que recordan entre eles sempre.
Pois esta semana están os alumnos e alumnas de 6º do noso colexio neste enclave tan marabilloso. Van acompañad@s polas súas profes (ás que hai que agradecerlles o esforzo que sabemos que esto supón para elas), marcharon supercontent@s onte pola mañá e polas noticias que temos o están pasando de rechupete, cun tempo fantástico, a sesión de discoteca de onte pola noite foi un acontecemento de renome e hoxe ían camiño de Cabárcenos e pola tarde actividades en canoa.
FELIZ VIAXE E A DIVERTIRSE que o resto do curso falarase de Cantabria....