30/11/2011

Becas para facer primeiro de bacharelato nun High School de EE.UU. en 2012-2013

Anuncio do 15 de novembro de 2011 polo que se convocan 75 bolsas para a realización de estudos de primeiro curso de bacharelato nun High School de EE.UU. para o curso escolar 2012-2013. 
Diario Oficial de Galicia, Sección VI. (anuncios), Subsección C) (outros anuncios).
Órgano emisor: FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA.



Bases do Programa de bolsas High School: un ano académico nos Estados Unidos
I. Presentación do Programa de bolsas High School.
A Fundación Barrié e a Fundación Amancio Ortega, na súa arela por melloraren o ensino e o nivel de preparación dos estudantes novos de Galicia, continúan o seu compromiso co programa de bolsas para a realización dun ano académico nun instituto de ensino público, «High School», dos Estados Unidos, e convocan a III Edición do programa de bolsas, segundo as bases do presente documento.
1. Obxecto do Programa de bolsas High School.
Realización dun ano académico nos Estados Unidos nun instituto High School en lingua inglesa, promovendo a aprendizaxe e o intercambio de culturas.
2. Obxectivos do Programa de bolsas High School.
O Programa de bolsas High School da Fundación Barrié e a Fundación Amancio Ortega persegue a consecución dos seguintes obxectivos:
• Aprender inglés, e mellorar as aptitudes de aprendizaxe na xente nova.
• Contribuír á formación integral do estudante.
• Potenciar a confianza dos estudantes e a capacidade de adaptación a un novo contorno.
• Desenvolver a capacidade dos alumnos para avaliar os seus propios progresos.
• Fomentar o respecto ás culturas e o intercambio de costumes.
• Prepararse ante os retos dun mundo globalizado.
3....